Baiona entrega as primeiras medallas ao mérito do Camiño Portugués da Costa á Xunta de Galicia e a Juan Manuel López Chaves

Redacción

A sala da Capitanía Marítima do Concello de Baiona acolleu o acto de entrega das primeiras Medallas ao Mérito do Camiño Portugués da Costa á Xunta de Galicia a nivel institucional e a Juan Manuel López-Chaves a título póstumo pola súa contribución a que este Camiño fose declarado oficial hai 10 anos.

A entrega deste recoñecemento adquiriu unha especial emotividade cando o fillo de López-Chavez recolleu o galardón, a título póstumo, de D. Juan Manuel López-Chaves. O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña,  destacou a súa figura: “fundador de Amigos dous Pazos e figura absolutamente pioneira sen a cal o rexurdimento deste roteiro non sería posible. Desde que en 1992 iniciou unha intensa e tenaz campaña de investigación e divulgación para demostrar a autenticidade histórica do itinerario litoral fronte a todas as resistencias, López-Chaves consagrou a súa vida á defensa do patrimonio e ao recoñecemento dos camiños portugueses. Coa concesión desta medalla, Baiona rende unha homenaxe de profunda gratitude e xustiza histórica a quen puxo a primeira semente para devolver á vila o seu lugar privilexiado na historia do fenómeno xacobeo”.

A xornada estivo marcada polo recoñecemento ao traballo, á loita e á constancia pola oficialización do Camino Portugués da Costa.

O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, recolleu o galardón que recoñece o papel fundamental da Xunta de Galicia.

O Alcalde de Baiona destacou na súa intervención que “A decisión de oficializar o itinerario no ano 2016 e cuxo investimento posterior de máis de 5 millóns de euros permitiron dotalo de sinalización, infraestruturas e unha gran proxección internacional. Grazas a este apoio continuado, o Camiño experimentou un crecemento histórico ao pasar de 2.600 peregrinos en 2016 a preto de 90.000 en 2025, situando á Real Villa de Baiona como un elemento clave na desestacionalización do turismo e na revitalización económica e cultural do litoral sur de Pontevedra”.

O rexedor baionés destacou  o papel funamental da Xunta de Galicia na oficializació do Camiño Portugués da Costa ao sinalar que “a oficialización deste camiño é un logro que se alcanzou hai 10 anos a través da publicación da Lei de patrimonio cultural de Galicia. Este recoñecemento supuxo outorgarlle un tratamento igual que o resto de roteiros oficiais e isto foi posible grazas a Xunta de Galicia”.

Tamén agradeceu o traballo realizado por concellos, asociacións e expertos, que traballaron para lograr o recoñecemento oficial deste roteiro e para que alcanzase esta puxanza na última década.

Ademais, Almuiña reivindicou que este roteiro da Costa – “que é un bo exemplo da Galicia Calidade”- será tamén fundamental durante a celebración do Xacobeo 2027, cando todos os focos estarán postos sobre Galicia. Fai falta destacar que esta camiño serve de entrada para moito viaxante internacional: de feito, aproximadamente o 80% dos seus peregrinos proceden de fóra das nosas fronteiras.

O alcalde finalizou a súa intervención sinalando “que o máis importante para seguir esta senda de crecemento sostible é non perder a nosa esencia algo que nos fai únicos”.

Ao acto de entrega acudiron numerosas autoridades representando a estos lugares e asociacións que dunha forma ou outra participaron e traballaron no seu momento para que o camiño se oficializase.

Pero máis alá do recoñecemento institucional, das leis, dos investimentos e da sinalización, hoxe podemos comprobar o que signíficou aquela decisión para un municipio turístico como Baiona.

A oficialización do Camiño Portugués da Costa en 2016 contribuíu a incorporar á nosa vila un modelo diferente, máis sostible e, sobre todo, menos dependente dos meses centrais do verán. O peregrino percorre Baiona a pé, detense, alóxase, entra nós nos nosos comercios, consume na hostalaría e utiliza os servizos locais. É, polo tanto, un visitante que integra o territorio ea economía local na propia experiencia do Camiño.

E a evolución turística de Baiona durante estes anos permite observar con claridade ese cambio. En maio de 2015 a ocupación hoteleira era do 31%; en 2025 alcanzou o 73 % e en 2026 chegou xa ao 81 %. En xuño pasamos dun 40 % en 2015 a un 79 % en 2025 e un 82 % en 2026.

Pero resulta especialmente significativo obsevar o que acontece cando remata o verán. En setembro, a ocupación pasou do 38 % en 2015 ao 74 % en 2025, e en outubro, dun 28 % ao 63 %.

Son cifras que amosan unha transformación moi importante para Baiona: a actividade turística xa non se concentra exclusivamente nos meses de xullo e agosto, senón que se estende progresivamente durante a primavera e o outono, permitindo falar dunha tempada turística que abrangue, na práctica, desde marzo ata outubro.

Esta desestacionalización repercute directamente na economía da vila. Manter visitantes durante máis meses significa manter durante máis tempo a actividade dos aloxamentos,da restauración, das cafeterías, do pequeño comercio e dos diferentes servizos turísticos, emprego estable. Significa, en definitiva, máis actividade, economía local e un destino máis sostible e equilibrado ao longo do ano.

Por iso, cando hoxe concedemos esta Medalla ao Mérito do Camiño Portugués da Costa á Xunta de Galicia, non estamos recoñecendo unicamente a oficialización dun itinerario.

Estamos recoñecendo unha decisión que permitiu abrir unha nova etapa para Baiona, que contribuíu a diversificar o noso turismo e que nos axudou a avanzar cara ao modelo de destino que queremos ser: un destino sostible, desestacionalizado, respectuoso co territorio e capaz de converter o paso dos peregrinos en oportunidades para a nosa economía e para a nosa veciñanza.

Por todo iso, Baiona ten hoxe motivos para dicir a Xunta de Galicia: grazas por apostar polo Camiño Portugués da Costa e por contribuír a facer deste Camiño unha parte esencial do presente e do futuro turístico da nosa vila.

Comparte este artigo