A Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (4). Concedeu as licenzas de obra para a rehabilitación dun edificio para vivendas na rúa Pizarro; para a instalación dun ascensor nun inmoble da rúa Recanto da Mapoula; e para a rehabilitación enerxética, mellora da accesibilidade e a reforma interior dunha unifamiliar na rúa da Nogueira. Tamén acordou incoar o procedemento para declarar a caducidade dunha licenza de obra na rúa Lepanto.

Patrimonio (2). Declarou a desistencia dunha reclamación de responsabilidade patrimonial por unha caída na rúa e requiriu unha aseguradora para que indemnice ao Concello en 2.139,98 euros polos danos causados por un vehículo nun farol na rúa Vicente Risco.

Rehabilitación (1). Denegou unha solicitude de subvención.

Contratación (1). Acordou a prórroga por un ano do contrato do servizo de mantemento e soporte técnico da plataforma de licitación electrónica do Concello.

Participación Cidadá (1). Aprobou as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións veciñais para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo veciñal e da participación cidadá no concello.

Avogacía consistorial (12). Deu conta de dúas sentenzas e un auto do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 2, de Ourense, e foi informada de que o Concello deberá compareceren diante dos tribunais de instancia do Contencioso-Administrativo, prazas número 1 e 2, en 9 procedementos abreviados.

Comparte este artigo