Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa...

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar o envellecemento activo

- Anuncio -

Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre outras

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros de Provincia activa, programa co que a institución provincial impulsa o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, fomentando a súa participación para crear espazos de encontro e intercambio de experiencias. Só esta semana, entre os días 16 e 21 de setembro, comezarán 15 novos obradoiros que mobilizarán un total de 256 veciños de 14 concellos da provincia.

Os primeiros obradoiros serán este luns 16 de setembro, cando 15 persoas da Unión Polideportiva Bolos da Carrasca, de Nigrán, comezarán unha acción de pandeireta e canto tradicional. Tamén 15 persoas da Asociación O Can de San Roque, de Forcarei, participarán nun curso de teatro, 21 da Asociación de Veciños de San Roque (Vigo) nun de ximnasia de mantemento, 16 persoas da Asociación de Veciños de Santo Andrés de Barrantes (Ribadumia) nun sobre conservación da memoria, e 15 da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (con sede en Redondela) nun curso de musicoterapia.

O martes 17 de setembro dará comezo un curso de pilates coa participación de 16 persoas da Asociación Cultural Xida, no Rosal, mentres que o mércores 18 de setembro será o inicio doutras tres accións: ximnasia de mantemento con 24 usuarios da sede de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias) en Salceda de Caselas, pilates para 16 usuarios da Asociación Down Pontevedra “Xuntos” (Pontevedra) e restauración de mobles e tapizaría para 23 persoas da Asociación de Veciños de Chapela (Redondela). O xoves 19 de setembro comezará un curso de conservación de memoria no que participarán 15 persoas da Asociación Cultural Moreira A Tope, de Soutomaior.

O venres 20 de setembro terán lugar tres inicios de cursos de Provincia Activa: restauración de mobles e tapizaría con 18 usuarios da Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses (Caldas de Reis), plantas medicinais con 16 usuarios da Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei (A Estrada) e musicoterapia con 15 usuarios da Asociación Cultural de Santo Estevo de Ponteareas. Por último, o sábado 21 de setembro comezarán outras dúas accións: restauración de mobles e tapizaría con 16 usuarias da Asociación de Mulleres de Seixido (A Lama) e risoterapia coa participación de 15 persoas da Asociación de Veciños San Gregorio de Corredoira (Cerdedo-Cotobade).

En total, a Deputación ofertou catorce tipos de obradoiros no catálogo de Provincia Activa, divididos en seis bloques: Benestar natural (Plantas medicinais), Saúde en movemento (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), Emociónate (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), Outra vida (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), Con ritmo! (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e Redeir@s (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado). Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e están a participar nos obradoiros entidades de 42 concellos da provincia.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

Luis Menor reivindica o traballo de Manuel Outomuro “para entender a cultura visual española...

0
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación acolle desde hoxe esta exposición do prestixioso fotógrafo, froito do traballo de colaboración entre o autor, a...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Publicacións Relacionadas