HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación supervisa en Meaño as obras de mellora da seguridade viaria...

A Deputación supervisa en Meaño as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9207 A Vichona-Dena

- Anuncio -spot_img

A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, xunto co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, visitou os traballos nos que a institución investiu preto de 236.000 euros para solucionar os problemas de mobilidade peonil e dotar á estrada de cunetas transitables

A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, supervisou hoxe xunto co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, e outros membros da Corporación local, as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9207 A Vichona-Dena, na que a Deputación de Pontevedra está a investir preto de 236.000 euros. As obras, xa rematadas, consistiron fundamentalmente na execución de cunetas transitables para optimizar a mobilidade peonil nun tramo de 600 metros que atravesa os lugares de Dadín, Viliquín e Altamira.

Os traballos de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9207 A Vichona-Dena, cos que se dá resposta a unha demanda dos veciños da zona, tamén incluíron a colocación dun colector en ambas marxes da estrada para canalizar as augas pluviais e a instalación ao longo de 50 metros dunha plataforma única de convivencia, elevada e limitada a 20 km/h para os vehículos. A actuación complétase coa substitución do aglomerado nas zonas nas que se atopaba en mal estado.

A deputada provincial aproveitou a ocasión para lembrar que a Deputación de Pontevedra tamén está a investir máis de 1.265.773 € nas obras de mellora da seguridade viaria na EP 9302 Xil-As Covas-Barrantes, nos concellos de Meaño e Ribadumia, actualmente en execución. O obxectivo é atender os diversos problemas existentes e poder poñer en marcha melloras que inflúan positivamente na calidade de vida da veciñanza.

Publicacións Relacionadas