Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ten aberto o prazo para optar ás axudas para a...

A Deputación ten aberto o prazo para optar ás axudas para a edición de obras en galego de difusión cultural, dotadas cun orzamento de 90.000 €

- Anuncio -

O prazo da convocatoria, dirixida a entidades sen ánimo de lucro que poderán recibir ata 12.000 euros, permanecerá aberto ata o próximo martes 26 de marzo

Última semana para optar ás axudas da Deputación para optar ás axudas para a edición de obras en galego de difusión cultural dotadas, neste 2024, cun orzamento de 90.000 euros.  A convocatoria está dirixida a entidades sen ánimo de lucro que poderán recibir ata 12.000 euros e o prazo de solicitude permanecerá aberto ata o próximo martes 26 de marzo.

A institución provincial pretende con esta liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, fomentar a edición de publicacións que teñan interese social e cultural para a provincia de Pontevedra e que redunden no conxunto da sociedade. Deste xeito, os traballos subvencionados, de carácter divulgativo, deberán tratar aspectos relacionados coa provincia, co seu patrimonio material, inmaterial ou artístico, ou con persoas e colectivos relevantes desta. Ademais deberán estar editados en galego normativo e non poderán ser distribuídos como suplemento doutra publicación.

O importe máximo da subvención para cada edición non superará o 70% do orzamento total e, en calquera caso, os 3.500 euros no caso de publicacións en papel; os 8.000 euros no caso de edicións en formato audiovisual e mixta (que inclúan publicacións en papel e en audiovisual) e 12.000 euros no caso de formatos especiais de edicións para persoas con diversidade auditiva, visual ou cognitiva. Á hora de conceder as axudas valorarase a calidade técnica da proposta e a achega da publicación ao desenvolvemento, á normalización e promoción da lingua galega, ao fomento do patrimonio galego, á recuperación da memoria histórica, á igualdade de xénero, á diversidade funcional e á conservación do medio.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas