HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación xunta o movemento veciñal de Redondela na xornada +Convivir para...

A Deputación xunta o movemento veciñal de Redondela na xornada +Convivir para homenaxear o seu compromiso coa dinamización da vida sociocultural da vila

- Anuncio -spot_img

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, participou nas actividades que tiveron lugar no Pazo Santa Teresa e nas que se deron cita preto de 200 persoas da vila

Despois de pasar por Redondela e Fornelos de Montes, +Convivir chegará ao longo deste ano a Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Gondomar, Pontevedra, Ribadumia, Bueu, Oia, Barro e Tui

PaA Deputación de Pontevedra organizou este xoves unha xornada de convivencia e homenaxe ao movemento veciñal de Redondela no marco do programa +Convivir. Preto de 200 persoas déronse cita no Pazo Santa Teresa, tamén coñecido como Pazo de Petán, para asistir ás actividades organizadas pola institución provincial, que tamén contaron coa asistencia do deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís.

Javier Tourís lembrou que esta xornada forma parte da segunda edición do programa, que arrancou recentemente en Fornelos de Montes e continuará pola xeografía provincial “para poñer en valor a importancia de xuntarnos, de tecer lazos e xerar espazos de encontro para impulsar o avance desta provincia extraordinaria”. O deputado provincial definiu +Convivir como “unha tarde única de convivencia, aprendizaxe e diversión” coa que agradecer “o voso compromiso e a vosa implicación para dinamizar a vida social e cultural de Redondela”, e que vai na liña da senda de recuperación do contacto co tecido asociativo da provincia con programa como Provincia Comunitaria, +Aqua ou +Novaqua.

Durante a xornada houbo sesións formativas relacionadas coa nutrición, ademais de obradoiros relacionados coa risoterapia e coa ximnasia de mantemento. A xornada de +Convivir completouse coa música dun DJ e cun refrixerio para as persoas asistentes.

+Convivir é un programa provincial co que a Deputación de Pontevedra demostra o seu compromiso co tecido asociativo veciñal e que enxalza o papel que este desenvolve para o avance da provincia. Ademais de Fornelos de Montes e Redondela, o programa chegará este ano a Salceda de Caselas A Lama, Baiona, Rodeiro, Gondomar, Pontevedra, Ribadumia, Bueu, Oia, Barro e Tui. O pasado ano preto de 4.000 persoas desfrutaron das sete citas organizadas pola institución provincial.

Publicacións Relacionadas