O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración desta nova exposición, na Biblioteca Nós, reivindicando que esta Escola é “unha das principais institucións formativas no ámbito cultural da nosa cidade con 275 alumnos e alumnas”
O seu constante crecemento, en canto á demanda do alumnado, “demostra que se trata dun centro de referencia e unha escola que ofrece unha gran calidade formativa”, salientou Menor
A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense vén de inaugurar a exposición “134”, unha mostra con 101 obras de todas as disciplinas que amosan o traballo realizado polo alumnado ao longo deste curso para render homenaxe precisamente aos 134 de historia que ten a Escola.
A Escola, impulsada pola Deputación no ano 1891, segue sendo berce de creatividade ourensá 134 anos despois. Neste sentido, o presidente provincial, Luis Menor, destacou na inauguración desta mostra que se trata dunha das “principais institucións formativas no ámbito cultural da nosa cidade con 275 alumnos e alumnas actualmente”.
O seu constante crecemento, en canto á demanda do alumnado, “demostra que se trata dun centro de referencia e unha escola que ofrece unha gran calidade formativa”, salientou Menor, quen se comprometeu a seguir traballando para que esta Escola sexa “un referente 134 anos máis”.
Actualmente, están matriculados por categorías do seguinte modo: 98 debuxo e pintura, 47 modelado barro, 42 talla madeira, 88 oleiria.
A mostra “134” poderá visitarse ata o 19 de xuño na Biblioteca Nós. Ademais, cabe destacar que hai algúns alumnos voluntarios traballando na próxima exposición que baixo o título “Camiño” pretende conmemorar precisamente ese Ano Santo 2027.

