Corte de tráfico da estrada LU-P-3506, en Navia de Suarna

Redacción

Desde mañá, xoves 9 de xullo, e previsiblemente ata o xoves 15 de xullo, permanecerá cortado ao tráfico a totalidade da estrada LU-P-3506, a vía que conecta a aldea de Louxa, en Navia de Suarna, co límite provincial de Asturias. O corte débese aos traballos de repavimentación con aglomerado en quente e este efectuarase desde as 08:00 horas ata as 20:00 horas. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

As obras, executadas pola empresa HORDESCON SL, contan cun orzamento de 324.772,05€.

Comparte este artigo