HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López destaca a transformación do espazo público,  como a humanización da...

Luis López destaca a transformación do espazo público,  como a humanización da Rúa da Forca en Salvaterra, que promove a Deputación coa súa cooperación cos concellos

- Anuncio -spot_img

O mandatario provincial, acompañado pola alcaldesa Marta Valcárcel, comproba o remate dunhas obras valoradas en 540.000€ e financiadas ao 100 % pola Deputación a través dos programas PON2030 e +Provincia

“É unha obra estratéxica, antes esta rúa era un atallo, agora é un viario de preferencia peonil que comunica ao pobo e mellora a calidade de vida”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comprobou este sábado en Cangas o remate das obras de humanización da rúa Eduardo Vicenti e da Avenida de Montero Ríos. O mandatario provincial percorreu un treito deste reformado espazo público que é froito da colaboración entre os gobernos provincial e local e supuxo o investimento de preto de 900.000€ por parte da Deputación a un proxecto enmarcado no programa provincial PON2030 e valorado en 1,1M€. “As primeiras veces sempre quedan na memoria e lembro que o primeiro convenio que asinamos co Concello de Cangas foi este. E hoxe, en tempo e forma, é unha realidade e a veciñanza xa ten a súa disposición un espazo humanizado, moderno, bonito e seguro de acordo co modelo que promovemos desde a Deputación”, salientou o dirixente, quen visitou este novo espazo acompañado pola alcaldesa, Araceli Gestido.

A intervención, completamente rematada, centrouse no ámbito da rúa Eduardo Vicenti e da Avenida Montero Ríos onde se executou unha reforma urbana que permitiu a humanización de todo espazo, a través da renovación do pavimento, a reposición dos servizos urbanos, a incorporación dunha nova rede de saneamento e pluviais e a implantación de novos elementos de iluminación e de elementos vexetais. Unha intervención integral que constrúe un espazo urbano accesible para os peóns e integrado coa alameda e o centro urbano da vila. “Unha obra estratéxica e transformadora para a seguridade, a mobilidade  e a imaxe no centro urbano de Cangas”, salientou o presidente Luis López.

Ademais, a colaboración entre a Deputación e o Concello de Cangas non se limita unicamente á humanización deste ámbito, para este ano 2025 o organismo provincial ten previstos investimentos por valor de 2,5 millóns de euros a través de proxectos vinculados aos plans +Provincia, o Plan Extra ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, como son a renovación do pavillón do Gatañal ou a construción dunha senda peonil en Aldán.

Publicacións Relacionadas