Dentro da rolda de contactos que continúa a manter o presidente provincial cos alcaldes de toda a provincia, Luis Menor mantivo unha reunión coa alcaldesa de Riós, Eva María Barrio, coa fin de analizar as necesidades do municipio e as liñas de cooperación activas e previstas coa Deputación.
Así, durante o encontro de traballo analizaron a asignación do plan de cooperación CooperOU ao Concello de Riós, “que supón durante este ano preto de 187.000 euros, destinados fundamentalmente a investimentos e gasto corrente”, tal e como explicou Luis Menor. O presidente provincial tamén sinalou que se abordaron cuestións pendentes, como é o caso dun plan de rexeneración, mellora e ampliación da rede viaria municipal.