Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na feira organizada pola Deputación con motivo do Día do Libro

- Anuncio -

José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros co patrocinio da Deputación

O presidente provincial recibiu esta mañá ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Jose López Campos, no seu primeiro acto público en Ourense, que consistiu unha visita institucional aos 10 expositores que a Asociación Provincial de Libreiros instalou na cidade con motivo do Día do Libro, sendo unha actividade organizada pola Deputación, en virtude dun convenio de colaboración con este colectivo. Na visita tamén estiveron presentes o secretario xeral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Anxo Lorenzo; así como a xefa de servizo de Coordinación Cultural na provincia de Ourense, Sandra Quintas; e o director da área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez Guzmán.

Luis Menor desexoulle a López Campos “os maiores acertos no profesional” e brindoulle a cooperación da Deputación, “para sacar adiante moitos proxectos e dinamizar aínda máis a nosa provincia”.

Precisamente, o conselleiro de Cultura secundou as palabras do presidente da Deputación, sinalando como “fundamental” a colaboración entre administracións “en todos os eidos da administración e a xestión pública, pero de xeito moi especial na parte que lle corresponde á Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude”, explicou José López Campos.

Relacionadas

Luis López presenta unhas Rías Baixas con 61 concellos, que valora ao anfitrión e...

0
O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro e membros do goberno provincial, estrean por primeira vez na provincia, antes que...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Valga para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou a oficina móbil, que percorrerá todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para divulgar os...

A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción turística do...

0
O presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación e dos participantes na campaña, desvelará a campaña este martes, 14 de...

A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra...

0
As obras expostas na mostra recóllense nunha publicación que repasa a vida e a obra artística de quen foi tamén alcalde de Bueu A exposición...

Publicacións Relacionadas