Home Deputacións Deputación Pontevedra O ciclo de teatro da Deputación chega este domingo a Ribadumia e...

O ciclo de teatro da Deputación chega este domingo a Ribadumia e O Grove

- Anuncio -

“As que limpan” representarase no Auditorio de Ribadumia ás 19:00 horas e “Bernarda” no Auditorio da Grove a partir das 19:30 horas. Ambas funcións teñen entrada libre ata completar o aforo

O ciclo da Deputación “Tornar ás táboas”, co que a institución provincial está a espallar o teatro por toda a provincia nestes últimos meses do ano, chega este domingo 26 de novembro a Ribadumia e O Grove. “As que limpan”, a cargo da compañía A Panadaría, dará comezo ás 19:00 horas no Auditorio de Ribadumia e “Bernarda”, da man de Malasombra, representarase ás 19.30 horas no Auditorio do Grove. Ambas funcións teñen entrada libre ata completar o aforo.

En forma de sátira utópica, “As que limpan” está inspirada nas loitas organizadas polas camareiras de piso dos hoteis por conseguir dereitos sociais e laborais xustos. A obra da compañía A Panadaría goza de sete premios dende que se estreou en febreiro de 2022, entre os cales se atopa o María Casares ao mellor espectáculo en 2023.

“Bernarda”, ambientada nun pobo galego en 1975, aborda a vida dunha familia que vive un estrito loito de dous anos imposto por Bernarda tralo falecemento do seu marido no mesmo día da morte de Franco. A obra amosa o contraste de dúas realidades, mentres que no fogar familiar a vida da nai e das súas fillas desenvólvese en reclusión, a sociedade no exterior sofre fortes cambios.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar neste último trimestre do ano un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas