Home Ourense Baixa Limia O complexo turístico do Corgo, en Muíños, acolle a única proba da...

O complexo turístico do Corgo, en Muíños, acolle a única proba da “Gladiator Race” que se celebra en España en 2021

- Anuncio -

Máis de 400 participantes procedentes de quince provincias e do norte de Portugal, o 80 % inscritos en grupos, percorrerán un circuíto de 6 quilómetros que porá a proba a súa capacidade de superación para salvar máis de 25 obstáculos do máis diverso tipo

O complexo turístico e deportivo do Corgo, no Concello de Muíños, acollerá o 30 de outubro unha nova edición da “Gladiator Race”, a única carreira de obstáculos desta modalidade deportiva que se celebrará en España en 2021 e na que están inscritos máis de 400 participantes procedentes de quince provincias e do norte de Portugal. A proba, froito do convenio entre o Inorde e a Axencia Galega de Turismo, foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia dos vicepresidentes da Deputación, Rosendo Fernández e Plácido Álvarez, este último en calidade tamén de alcalde de Muíños, e o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén.

Na “Gladiator Race”, os deportistas percorrerán un circuíto de 6 quilómetros que porá a proba a súa capacidade de superación, xa que terán que salvar máis de 25 obstáculos reptando, atravesando muros, pirámides, trasladando pesos ou mesmo subindo por unha corda vertical de 4 metros de altura, todo elo mesturado con elementos como auga, xeo, barro ou lume. Ademais, ao longo da carreira tamén deberán esquivar a gladiadores, unhas das caracerísticas singulares desta proba ao incluír actores que farán aínda máis duro o percorrido.

A “Gladiator Race” conta cun importante número de afeccionados en toda España, o que se reflicte nas 15 provincias de procedencia dos 400 participantes, ademais do norte de Portugal, e no feito de que máis do 80 % dos participantes veñen en grupos. Xunto co nivel de esixencia cómpre destacar o espírito de colaboración dos deportistas, ata o punto de que nun dos equipos figura un corredor que fará o circuíto en cadeira de rodas, axudado polos seus compañeiros.

Esta é a segunda ocasión na que o complexo turístico e deportivo do Corgo acolle esta proba, que desta volta celebrarase polo día (a anterior foi nocturna), nun dos mellores espazos para este tipo de eventos deportivos polas instalacións, variedade de aloxamentos e servizos que ofrece aos participantes e acompañantes.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas