Home Deputacións Deputación Ourense O Inorde e a D.O. Monterrei poñerán en marcha un proxecto piloto...

O Inorde e a D.O. Monterrei poñerán en marcha un proxecto piloto de dixitalización e optimización do manexo do cultivo nesta zona

- Anuncio -

Os presidentes de ambas entidades asinaron hoxe un convenio de colaboración para instalar estacións agroclimáticas que permita aos viticultores o uso dunha tecnoloxía de vangarda para obter información específica sobre a súa parcela

O presidente do Inorde en funcións, Rosendo Fernández, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Jonatás Gago García, asinaron hoxe na sede da D.O. en Verín, un convenio de colaboración entre ambas entidades para poñer en marcha un proxecto piloto de dixitalización e optimización do manexo de cultivo no ámbito territorial desta denominación de orixe.

Para elo, o Inorde instalará estacións agroclimáticas que cubran todo o territorio no que estende a Denominación de Orixe Monterrei, nos puntos que se consideren necesarios e adecuados para o funcionamento da rede que permita aos viticultores recibir un servizo de agricultura de precisión. “Poñemos en marcha esta iniciativa nesta Denominación de Orixe aproveitando que o Inorde conta cunha finca experimental neste territorio, para explorar os beneficios da instalación e uso de novas ferramentas dixitais que faciliten o traballo dos nosos viticultores, co obxectivo de que este proxecto piloto poida servir ao resto da provincia”, sinalou Rosendo Fernández.

Esta actuación permitirá instalar estacións agroclimáticas que permitan aos viticultores o uso dunha tecnoloxía de vangarda a través da cal obter información específica sobre a súa parcela, teña ou non instalada nela unha estación. A información obtida poderase integrar noutros sistemas e ferramentas, aportando un servizo global democratizado, continuando nesa liña de traballo que faga posible apostar pola sustentabilidade e que isto sexa compatible coa rendibilidade. Os datos e avaliacións que resulten do proxecto piloto poderán ser utilizados para implantar outros proxectos ou mesmo replicar este proxecto noutros territorios.

Pola súa parte, a Denominación de Orixe Monterrei comprométese, a través deste convenio, a que os viticultores divulguen os beneficios da agricultura de precisión que, neste proxecto piloto, permitirá a todos eles acceder a unha mesma aplicación e plataforma, na que terán acceso por igual ás funcionalidades activadas na primeira fase, e na que cada viticultor poderá elixir activar novos módulos segundo o seu interese, de forma totalmente compatibles cos que se iniciará na segunda fase.

Outro dos obxectivos que se perseguen con esta iniciativa “é obter datos para poder desenvolver experiencias que sirvan para reforzar as candidaturas a proxectos de maior envergadura e investimento, tal e como se está a traballar nestes momentos para presentar un sobre bioeconomía forestal no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”, explicou o presidente do Inorde en funcións.

Por outro lado, a posta en marcha deste sistema permitirá aos viticultores contar con datos precisos non que basearse para decidir a conveniencia ou non de empregar un tratamento fitosanitario, así como a súa correspondente xustificación no caderno de campo que teñen que cubrir obrigatoriamente. Así mesmo, á marxe de todo isto, a implantación deste proxecto, unha vez que estea en funcionamento, axudará a que os viticultores reduzan o emprego de produtos fitosanitarias -co correspondente aumento da rendibilidade que isto supón para eles- e obter produtos máis sostibles e respectuosos co medio ambiente.

Relacionadas

Luis López sinala o primeiro patrocinio da historia da Deputación a Navalia como un...

0
A alianza entre a Deputación e Navalia tradúcese na organización dunha aula de formación na que haberá conferencias e exposicións relacionadas co futuro do...

Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello do Rosal,...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 126.500 euros para a mellora de tres camiños ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres...

A Deputación analiza o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial Javier Tourís,...

Luis López presenta investimentos por un millón de euros da Deputación en Caldas de...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 400.000 euros para o saneamento de Soutelo ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en...

Rafa Domínguez presenta a “Pontevedra 4Picos”, unha proba “de mellora e superación persoal, de...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da “Pontevedra 4Picos”, unha proba non competitiva de BTT que converterá...

A Deputación concede preto de 32.000 euros ao Concello de Rodeiro para cubrir a...

0
Trátanse da totalidade dos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que correspondían á vila e que repartiron xa máis de 2,4 millóns de...

Publicacións Relacionadas