O prazo de inscrición para o campamento Explora Ourense en Muíños permanece aberto ata o 7 de agosto

Redacción

Explora Ourense é un proxecto lúdico e educativo que inclúe actividades relacionadas coa natureza, deportes, xogos e arte, a celebrar do 9 ao 13 de agosto para cativada de entre 9 e 14 anos

Ata o próximo día 7 de agosto permanece aberto o prazo de inscrición para o campamento Explora Ourense, que se desenvolverá no Complexo Turístico do Corgo, en Muíños.

Explora Ourense é un proxecto lúdico e educativo, organizado en colaboración coa Deputación, que inclúe actividades relacionadas coa natureza, deportes, xogos e arte.

O campamento celébrase do 9 ao 13 de agosto, para nenas e nenos de 9 a 11 anos, cunha estadía de 5 días para un grupo de 25 rapaces, e para idades comprendidas entre os 12 e 14 anos, tamén para un grupo de 25 rapaces e coa mesma estanza. 

Comparte este artigo