Home Deputacións Deputación Ourense O presidente Manuel Baltar incorpora ao xornalista Javier Rey como asesor de...

O presidente Manuel Baltar incorpora ao xornalista Javier Rey como asesor de comunicación

- Anuncio -

A Deputación incorpora a este xornalista para o gabinete de Presidencia. Asume a comunicación institucional e a relación do goberno provincial cos medios

Manuel Baltar remarca a profunda aposta da Deputación pola excelencia: “Esta institución conta cos mellores profesionais baixo unha soa clave: Ourense”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, incorporou onte como asesor de comunicación do seu gabinete ao xornalista Javier Rey Veloso. O novo responsable de prensa encargarase de trasladar a comunicación institucional e a relación do goberno provincial cos medios. Desde a súa experiencia profesional, Javier Rey sumará á institución o seu coñecemento do territorio e a sociedade ourensá.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, remarca a profunda aposta da institución provincial pola excelencia: “Como demostramos co deseño dos proxectos para captar os fondos Next Generation e en tantas outras liñas de traballo, a Deputación conta cos mellores profesionais baixo unha soa clave: Ourense”. O líder provincial destaca a importancia de ser unha administración pegada ao territorio e aberta á sociedade: “Esta capacidade, ser unha administración esponxa, mellóranos día a día nun camiño realmente apaixonante. E permítenos seguir captando talento para mellorar e crecer da man de Ourense”.

“É unha honra incorporarme a este equipo. O proxecto de Manuel Baltar é unha motor clave para esta provincia: Ourense ten moitas posibilidades e a Deputación é un dos actor de cambio fundamentais para acelerar as nosas potencialidades”, explica Javier Rey. O xornalista incorpórase como persoal eventual e substitúe no posto a Fernando Rodríguez Méndez.

Traxectoria profesional

Javier Rey (1988) licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu a súa etapa formativa no Diario de Ferrol e no Diario AS antes de incorporarse en 2013 á Rexión, periódico onde desenvolveu principalmente a súa carreira: foi responsable da páxina web, da sección de Local e redactor xefe, cargo que desempeñou ata agosto de 2020. Na súa última etapa, Javier Rey traballou de colaborador para A Rexión e realizando informes para a empresa pública Seaga.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas