O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto a deputada de Benestar Social Sandra Bastos acaban de reunirse con María Jesús Monterde, presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA), Pilar Iglesias, vogal da entidade, e Carolina Rego, intérprete de lingua de signos, para afondar na situación autonómica da persoas con diversidade sensorial de Galicia e no estado da lingua de signos galega. Ademais, analizaron a posibilidade de colaborar en canto á prestación de servizos asistenciais e protocolarios na provincia para o 2024 ou en actividades e eventos relacionados coa diversidade sensorial e iniciativas como o programa Manciñas ou as xornadas Xuntos Avanzamos.

