Home Deputacións Deputación Ourense Queimán e Pousa presentan mañá no Mosteiro de Montederramo o espectáculo audiovisual...

Queimán e Pousa presentan mañá no Mosteiro de Montederramo o espectáculo audiovisual “Ribeira Sacra, onde todo pode ocorrer”

- Anuncio -

A produción ten como obxectivo a promoción histórica, natural, rural e patrimonial da Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial pola Unesco

A Deputación de Ourense colabora no espectáculo audiovisual “Ribeira Sacra, onde todo pode ocorrer” que os artistas Queimán e Pousa presentan mañá venres no Mosteiro de Montederramo e que ten como obxectivo a promoción histórica, natural, rural e patrimonial da Ribeira Sacra -candidata a Patrimonio Mundial pola Unesco, iniciativa impulsada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar-. A obra, que conta colaboración de institucións, concellos e adegas, para poñer en valor a riqueza interior e rural da Ribeira Sacra, contén un vídeoclip promocional, un documental, 21 vídeos promos de adegas e cinco making of. Estréase mañá na gala que se celebra no Mosteiro de Montederramo, espazo onde xurdiu o nome desta terra máxica que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño.

Esta produción é un proxecto visual da produtora Queiman e Pousa. A sinopse trata sobre o papel dunha empresaria do mundo do viño (interpretado por Andrea Pousa) que dirixe unha adega de éxito e que goza do seu tempo de lecer nos distintos espazos emblemáticos da Ribeira Sacra. Este personaxe experimentará ensoñacións onde a mitoloxía, lendas e Historia serán partícipes: Fadas, romanos e monxes, daranse cita nun enclave único e máxico.

Antón Durán Morris é o actor estrela convidado neste proxecto onde interpreta a un xeneral romano que percorre estas terras cos seus soldados (Interpretado pola Garda Pretoriana de Lugo). Bruxo Queiman é o actor encargado de levar a cabo o papel de monxe, un personaxe que fará un percorrido polos mosteiros e igrexas máis relevantes da Ribeira Sacra. No videoclip tamén se resalta o labor das mulleres no mundo do viño, tanto na man de obra como nas decisión empresariais.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas