O deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu no Pazo Provincial a Joaquín Sánchez Cots, gobernador do Distrito 2201 de Rotary International para o período 2026-2027, ao que pertence o Rotary Club de Ourense.
Na visita participaron tamén a presidenta do Rotary Club de Ourense, Mari Cruz Pérez Fernández, e os membros da súa directiva Toté Martínez-Pedrayo e Juan Carlos Pérez Mestre. Durante o encontro, Fernández interesouse polo labor social que desenvolve a entidade e trasladou o recoñecemento da Deputación ao compromiso dos seus integrantes coa comunidade.

