Home Lugo A Mariña Central Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de Encontros Multidisciplinares "Xacobeo Peregrinas"

Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de Encontros Multidisciplinares “Xacobeo Peregrinas”

- Anuncio -

O programa de encontros estase a desenvolver con carácter mensual en diferentes lugares simbólicos dos Camiños de Santiago
O Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, e que contará coa participación da actriz e humorista Sara Escudero, a poeta Yolanda Castaño e a regatista olímpica Ángela Pumariega.
Así o anunciaban esta mañá en Lugo a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañadas na presentación polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Xacobeo Peregrinas é un perfecto exemplo do que está sendo a programación do Xacobeo 21-22: unha iniciativa descentralizadora, aberta e integradora, na que estamos a aproveitar as novas tecnoloxías para achegar novas perspectivas e experiencias arredor do Camiño de Santiago a un maior público”, explicou Nava Castro.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, lembrou o “peso específico” que as mulleres teñen ao longo do Camiño de Santiago, onde desenvolven tarefas esenciais de acompañamento, información, promoción turística e ofrecen servizos ás persoas que visitan Galicia. A peregrinación a Santiago de homes e mulleres constitúe unha oportunidade, ao seu xuízo, que non se pode perder para espallar unha mensaxe a prol da igualdade e para avanzar na busca de idénticas oportunidades para as mulleres en todos os eidos das súas vidas.

Ciclo polos intinerarios do Camiño
O ciclo Xacobeo Peregrinas comezou o mes pasado cun primeiro encontro en Santiago de Compostela, co obxectivo de xerar espazos de reflexión que fomenten o intercambio de experiencias arredor da peregrinación e o Camiño de Santiago coa muller como protagonista.
Mondoñedo foi o lugar elixido para este segundo encontro, polo seu peso histórico e cultural, e o seu papel no Camiño do Norte, un dos itinerarios do Camiño de Santiago que atravesan a provincia de Lugo, xunto co Camiño Francés, o Camiño Primitivo e o de Inverno, e que máis medrou en peregrinos nos últimos anos.
A nova sesión do ciclo estará conducida pola presentadora, actriz e directora galega, Cristina Maró, e será retransmitida vía streaming a través da web do Camiño de Santiago.
O novo encontro contará coa participación de Sara Escudero, actriz e humorista namorada do Camiño de Santiago, que fixo ata en catro ocasións acompañada das súas cadelas; Yolanda Castaño, poeta, xestora cultural e o rostro máis popular e internacional da poesía galega; e a regatista olímpica asturiana Ángela Pumariega, que abordará a súa participación desde a óptica da muller, deporte, liderado e inclusión.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas