Home Pontevedra A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal no Colexio Ponte Sampaio de Pontevedra

- Anuncio -

— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística


— Lembra que o Goberno galego leva investidos máis de 25M€ en melloras educativas en Pontevedra e reclama ao Goberno central un fondo específico para este fin

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, lamenta que o Partido Socialista de Galicia pretenda incumprir a Lei de Costas estatal no caso do Colexio CEIP Ponte Sampaio de Pontevedra, coa proposta de construír un pavillón polideportivo na parcela do centro que iría en contra da legalidade vixente.

Nunha intervención no Pleno do Parlamento de Galicia, Román Rodríguez explicou que este colexio, a carón do río Verdugo, está dentro dunha zona protexida pola Lei de Costas e afectada pola servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, o que “implica unha serie de limitacións como que non se poden realizar novas construcións nin está permitido ampliar o volume, a altura ou a superficie das edificacións xa existentes”.

“Polo tanto, non se trata dun asunto de vontade política, senón de cumprir coa legalidade urbanística vixente”, abondou o conselleiro, quen lembrou que os terreos foron cedidos polo Goberno do Estado ao Concello de Pontevedra no ano 2015, máis nunca se chegou a modificar o nivel de protección da parcela como unha vía para unha solución técnica que teña cabida legal.

O titular de Educación do Goberno galego reivindicou o compromiso da Xunta coa modernización e mellora das infraestruturas educativas en Galicia e, en concreto, en Pontevedra, onde se levan investidos máis de 25M€ nesta tarefa. Así mesmo, aproveitou para reiterar a demanda ao Goberno do Estado para que, aproveitando os fondos europeos, habilite un plan específico de rehabilitación e eficiencia enerxética en edificios educativos a nivel estatal.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas