Redacción

A Xunta de Goberno Local tratará mañá 19 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Ourense, 17 de setembro de 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, venres, 18 de setembro, ás 11.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día da xuntanza inclúe 19 propostas de acordo presentadas polos servizos de Licenzas, Patrimonio, Contratación, Xestión económica, Educación e Avogacía consistorial.

Licenzas (7). Resolverá as solicitudes de licenzas para a ampliación dunha vivenda unifamiliar no Camiño do Curro, Os Viros; para a rehabilitación dun edificio na rúa Ribeira de Canedo, e para a adaptación a garaxe dun baixo na rúa Nuño de Ousende. Tamén abordará unha solicitude de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación dunha parcela na rúa Fonte dos Canos, dous recursos de reposición e a corrección de oficio dun acordo aprobado nunha sesión anterior.

Patrimonio (2). Analizará dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Contratación (2). Dará o visto e prace, se procede, ao expediente para contratar a subministración en lotes de carburante e resolverá unha reclamación relativa ao contrato de limpeza de centros educativos.

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobará, se procede, unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio.

Educación (2). Nomeará representante do Concello nos consellos escolares de tres escolas infantís e aprobará as bases reguladoras do Certame Escolar de Debuxo “Todos/as á San Martiño-Veolia” 2026.

Avogacía consistorial (5). Dará conta dun auto ditado polo Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 2 de Ourense. Tamén será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante dos tribunais de instancia da sección do Contencioso-Administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense, en 4 procedementos (3 abreviados e 1 ordinario).

Comparte este artigo