A carreira do Correndo por Ourense requirirá realizar cortes e restricións de tráfico este domingo no barrio de Mariñamansa

adminON
Lectura mínima de 2

A carreira popular de Mariñamansa, incluída no circuíto Correndo por Ourense, requirirá realizar cortes e restricións de tráfico o vindeiro domingo, día 8 de setembro pola mañá.

A proba que organiza o Consello Municipal de Deportes terá a súa saída ás 11.00 h e percorrerá as rúas Xoán Manuel Pintos, avenida do Regato, avenida de Zamora, rúa Alberto García Ferreiro, Vasco Díaz Tanco, Doutor Peña Rey, avenida da Universidade, avenida de Zamora, rúa Eduardo Pondal e rúa da Ermida.

O corte de tráfico comezará ás 08.30 h e continuará ata as 14.30 h na rúa onde estará a saída e a meta (Xoán Manuel Pintos). De 11.00 a 13.30 horas pecharanse a rúa Regato (en sentido cara á avenida de Zamora); a avenida de Zamora (entre a glorieta coa rúa Saínza e a glorieta coa rúa de Seixalbo); a rúa Eduardo Pondal; rúa García Ferreiro; a rúa Cuña de Abaixo (entre a rúa Roda e García Ferreiro); rúa Vasco Díaz Tanco; a rúa Peña Rey (entre Vasco Diaz Tanco e a avenida da Universidade) e a avenida da Universidade (entre Peña Rey e a avenida de Zamora).

Estarán afectadas todas as vías que se atopan no perímetro comprendido entre Vasco Díaz Tanco, xa que non poderán circular vehículos. O mesmo ocorrerá na rúa Eduardo Pondal. Ademais, a circulación será restrinxida na rúa da Ermida e na rúa da Farixa (que estará cortada na glorieta con Eduardo Pondal e a rúa Xoán Manuel Pintos).

Comparte este artigo