A Biblioteca Municipal de Nigrán ofrece este sábado a mediodía o contacontos de Raquel Queizás “Raposadas”

Redacción

Trátase dunha actividade de 50 minutos pensada para público familiar
a partir de 3 anos.

O Concello de Nigrán, dentro do programa de dinamización da lectura da Xunta de Galicia ‘Ler conta moito’, ofrece este sábado 24 de outubro ás 21:00 horas na Biblioteca Municipal o contacontos de Raquel Queizás ‘Raposadas’. Trátase dunha actividade de 50 minutos pensada para público familiar a partir de 3 anos.

A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase á aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo. Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar para despedirse dela todos póñense a danzar. Quen danzou por aquí?

Comparte este artigo