A Agrupación Socialista de Vilagarcía arranca a campaña do 29N coa forza do traballo feito e co obxectivo de dar resposta aos problemas do día a día

Redacción

Tania García formará parte da candidatura ao Congreso pola provincia de Pontevedra para defender dende Madrid as necesidades dos veciños e veciñas do Salnés.

Os socialistas sairán á rúa para escoitar, mobilizar e sumar apoios arredor do proxecto de país de progresista que lidera Pedro Sánchez e que prioriza a vivenda pública, a blindaxe das pensións e o reforzo das bolsas de estudo.

A Agrupación Socialista de Vilagarcía de Arousa mantivo unha xuntanza de traballo para dar o pistoletazo de saída á actividade previa da vindeira cita electoral do 29 de novembro. Unha xuntanza organizativa na que os e as socialistas deseñaron as liñas que guiarán a campaña, na que a vilagarciá Tania García opta á acta de deputada ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra. O PSdeG-PSOE traballará para garantizar os avances nas demandas cidadás, os proxectos e necesidades de Vilagarcía, así como de toda a comarca do Salnés, para ter voz e representación no próximo Congreso.

Durante a xuntanza, a Agrupación estableceu a folla de ruta para as vindeiras semanas: unha campaña aberta á cidadanía, de moita rúa e centrada en explicar as propostas socialistas. Neste sentido, a propia Tania García subliñou o sentido clave destas eleccións ao sinalar que “nestas eleccións xogámonos o modelo de país no que queremos vivir; en definitiva, esto vai de dereitos ou dereitas, de seguir consolidando avances sociais, en materia de igualdade de xénero e protexer ás familias ou de retroceder ao modelo do pasado que representan PP e VOX”.

Campaña en marcha
A Agrupación centrará os seus esforzos en amosar á cidadanía a importancia de dar continuidade a un goberno progresista no estado que siga poñendo no centro ás persoas e aos servizos públicos. Entre as liñas prioritarias do proxecto socialista estarán moi presentes o impulso á vivenda pública, nun eido no que defenden a aposta decidida por facilitar o acceso á vivenda para a mocidade e as familias, convertendo o dereito á vivenda nun dos piares fundamentais do estado do benestar. Neste sentido, ante o anuncio da Xunta do retraso da construción de vivenda pública, Tania García considera que “só prometen titulares ata 2031 e 0 vivendas construídas polos seus propios medios”, rematando que “tras 17 anos gobernando, as primeiras 10 vivendas públicas que se contruirán é grazas a que o Concello de Vilagarcía cedeu unha parcela municipal”.

Neste sentido, tamén se defenderá a garantía e revalorización das pensións ao IPC. A defensa do poder adquisitivo dos nosos maiores mediante o incremento das pensións vinculado por lei ao IPC, un avance social consolidado fronte á postura e aos votos en contra doutras formacións como o Partido Popular.

O impulso da financiación das bolsas de estudo que benefician a moitos mozos e mozas do Salnés, supoñendo un reforzo histórico das contías as becas, situando a educación no verdadeiro motor de cambio, oportunidades e ascensor social da nosa sociedade, garantindo que ningún mozo ou moza quede sen estudar por motivos económicos.

Os socialistas de Vilagarcía confían e convencer á cidadanía para acadar unha mobilización total da cidadanía que desexe seguir avanzando cara a unha sociedade na que se redistribúa a riqueza, equitativa e con máis oportunidades para todos e todas.

Comparte este artigo