Últimos días para inscribirse no curso de Introdución á Lingua e Cultura Galegas en Baiona

Redacción

A formación organízase co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse no rexistro xeral do Concello de Baiona

O Concello de Baiona acolle en novembro un curso de introdución á lingua e cultura galegas, unha formación de vinte horas que pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior. A formación, que terá unha duración de vinte horas, organízase co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade, a través da Secretaría Xeral da Lingua e impartirase nas instalacións do Centro Multiusos Ángel Bedriñana do 2/11 ao 18/11 de novembro de 10.00 ás 13.20 horas.

No curso poden participar persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida, e non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis. Ao final entregarase un diploma acreditativo.

A formación achegará nocións básicas de lingua galega xunto con outras de carácter cultural. Na parte de gramática hai unha introdución á fonética do galego, xunto coas distintas clases de palabras (artigos, pronomes privados substantivos, adxectivos, verbos, adverbios, preposicións, conxuncións etc.), ortografía básica (uso de distintas grafías, regras de acentuación etc.) e outros recursos de utilidade para a comunicación na vida cotiá. Inclúense, así mesmo, contidos relacionados coa cultura e a historia de Galicia (gastronomía, tradicións, festas, música etc.).

Este curso ten un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.

As persoas interesadas poderán inscribirse no rexistro xeral do Concello de Baiona ata o vindeiro venres 30 de outubro en horario de 9:00h. a 14:00h. Máis información no departamento de Cultura no 986385921/ cultura@baiona.gal

Comparte este artigo