Home Ourense A carreira solidaria Ruta 091 requirirá realizar cortes de tráfico no centro...

A carreira solidaria Ruta 091 requirirá realizar cortes de tráfico no centro da cidade o domingo pola mañá

- Anuncio -

O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé restricións en certas rúas a partir das 8.00 até as 14.00 horas

A carreira Solidaria Ruta 091 requirirá realizar cortes de tráfico no centro da cidade pasado mañá, domingo, día 1 de setembro, pola mañá. O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense para que o evento se desenvolva dentro das marxes de seguridade, comezará ás 8.00 h e continuará até as 14.00 horas.

A carreira consta de dúas categorías. A de persoas adultas empeza ás 10.00h, con saída desde a glorieta da Policía Nacional e percorrido polas rúas Curros Enríquez, Sáenz Díez, praza de Concepción Arenal, avenida Pardo de Cela, Ponte do Milenio, glorieta das Palmeiras, Xefatura da Policía Local, Ponte do Milenio, avenida Pardo de Cela, rúa do Progreso, rúa Lugo, rúa do Vilar, rúa Cervantes, rúa Barreira, Praza Maior, rúa Lamas Carvajal, rúa do Paseo, rúa Curros Enríquez e glorieta da Policía Nacional.

A carreira da categoría infantil comezará ás 11.30 h e o percorrido é praza de Policía Nacional, rúa Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, rúa Curros Enríquez e praza da Policía Nacional.

O corte de tráfico comezará ás 8.00 h e continuará ata as 14.00 h na rúa Curros Enríquez, no treito comprendido entre avenida da Habana e Otero Pedrayo; na  Otero Pedrayo, en sentido de saída da cidade; e na rúa Curros Enríquez (Ponte Nova), en sentido centro cidade.

O corte de tráfico comezará ás 09.30 h e continuará ata as 11.15 h na rúa Sáenz Díez, na avenida Pardo de Cela, na rúa do Progreso, na rúa Curros Enríquez (o resto da vía), na rúa Concello, na rúa Xoán XXIII, na avenida da Habana e nas vías que están no interior deste perímetro.

Relacionadas

A Deputación impulsa a creación dun mini parque termal lúdico no Concello de Arnoia...

0
A iniciativa, que conta cun orzamento de 359.535,39 euros, forma parte dos obxectivos do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal para beneficiar aos...

Desde Podemos Ourense denuncian unha vez máis a incompetencia e mala xestión do ...

0
Desde Podemos Ourense denuncian unha vez máis a incompetencia e mala xestión do  alcalde Gonzalo Pérez Jácome. A recente anulación da concesión do servizo...

O Consorcio Provincial contra Incendios de Ourense aproba o primeiro convenio colectivo e a...

0
O Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento aprobou hoxe o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo...

Deputación e Coren estudan liñas de colaboración en programas provinciais para contribuír á mellora...

0
Luis Menor e Manuel Gómez-Franqueira mantiveron un encontro de traballo na sede central da cooperativa, en Santa Cruz de Arrabaldo, acompañados pola vicepresidenta da...

Renfe, en colaboración co Concello, activa a campaña “Ven ao Entroido de Ourense”, con...

0
Renfe, coa colaboración do Concello de Ourense, pon en marcha desde hoxe a campaña “Ven ao Entroido de Ourense”, que ten como obxectivo fomentar...

O PP proclama as cinco candidaturas que optarán á presidencia das agrupacións locais de...

0
María Inmaculada Rodríguez será a candidata na vila valdeorresa; Ricardo González en Toén; Ignacio Campo en Maside; Teresa Barge na Bola; e Rebeca Sotelo...

Publicacións Relacionadas