Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación apoia á DO Monterrei achegando 60.000 € para labores de...

A Deputación apoia á DO Monterrei achegando 60.000 € para labores de xestión e promoción

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Lara da Silva, celebraron unha reunión telemática, na liña de colaboración que ámbalas dúas entidades veñen mantendo desde hai anos, e que neste exercicio de 2021 ascenderá economicamente a 60.000 euros (25.000 € para gastos de funcionamento do consello regulador e 35.000 € para levar a cabo estratexias de promoción da Denominación de Orixe Valdeorras).

Manuel Baltar afirma que o sector vitivinícola, coa denominación de orixe Monterrei -unha das catro que ten a provincia de Ourense-, “supón un ámbito estratéxico da nosa economía e un sector que nos últimos tempos vén de facer importantes apostas pola modernización tecnolóxica para seguir presentando nacional e internacionalmente excelentes caldos que son altamente competitivos e á altura dos padais máis esixentes”, salientando tamén “a importancia da Denominación de Orixe Monterrei e as súas adegas polo que significan de pulo económico para a comarca, desde que en 1994 comezara a súa andaina esta distinción de calidade vitivinícola”, afirma o presidente do goberno provincial.

Relacionadas

Luis López sinala o primeiro patrocinio da historia da Deputación a Navalia como un...

0
A alianza entre a Deputación e Navalia tradúcese na organización dunha aula de formación na que haberá conferencias e exposicións relacionadas co futuro do...

Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello do Rosal,...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 126.500 euros para a mellora de tres camiños ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres...

A Deputación analiza o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial Javier Tourís,...

Luis López presenta investimentos por un millón de euros da Deputación en Caldas de...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 400.000 euros para o saneamento de Soutelo ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en...

Rafa Domínguez presenta a “Pontevedra 4Picos”, unha proba “de mellora e superación persoal, de...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da “Pontevedra 4Picos”, unha proba non competitiva de BTT que converterá...

A Deputación concede preto de 32.000 euros ao Concello de Rodeiro para cubrir a...

0
Trátanse da totalidade dos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que correspondían á vila e que repartiron xa máis de 2,4 millóns de...

Publicacións Relacionadas