Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora no programa “Ourense Dixital Pemes” para impulsar a transformación...

A Deputación colabora no programa “Ourense Dixital Pemes” para impulsar a transformación dixital nas empresas

- Anuncio -

A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa; o deputado de Novas Tecnoloxías, Xosé Miguel Pérez; e o presidente de ef Business School e CESUGA, Venancio Salcines, presentaron hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel este programa formativo para empresas ourensás de entre 10 e 249 traballadores

“Trátase de axudar ás pequenas empresas a formar aos seus directivos para que os seus negocios sexan máis competitivos e produtivos nun entorno que cambia constantemente a medida que a tecnoloxía evoluciona”, explicou Nóvoa

A Deputación colabora no programa formativo “Ourense Dixital Pemes” para impulsar a transformación dixital do tecido empresarial da provincia. Así o explicaron hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa; o deputado de Novas Tecnoloxías, Xosé Miguel Pérez; e o presidente de ef Business School e do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), Venancio Salcines, aos xerentes, directores e responsables de recursos humanos de pemes ourensás de entre 10 e 249 traballadores que asistiron á xornada de presentación.

O Goberno de España vén de marcarse como obxectivo a transformación dixital definitiva das pemes mediante o desenvolvemento das competencias dixitais dos seus equipos directivos. Con este fin puxo en marcha o programa “Generación Digital Pymes”, financiado con fondos europeos Next Generation. “Trátase dun curso para que directivos e responsables de equipos de pemes poidan atender e desenvolver un plan de transformación dixital á medida das necesidades da súa empresa”, sinalou Venancio Salcines.

Este plan formativo é impartido en Galicia polas entidades de formación CESUGA e ef Business School, e Ourense ocupa un lugar clave para liderar ese cambio dixital. Co obxectivo de chegar ao tecido empresarial ourensán, a Deputación de Ourense asinou un convenio de colaboración con ambas entidades formativas para colaborar na promoción e difusión deste programa, de carácter gratuíto e en formato híbrido (online e presencial), entre as empresas destinatarias e os seus responsables de xestión.

Unha das máximas do goberno provincial é “promover o desenvolvemento sostible na provincia de Ourense a través de políticas públicas a prol da transformación dixital”, sinalou Marta Nóvoa. Na procura dese obxectivo “sumámonos a dar visibilidade as vantaxes que ofrece este programa formativo gratuíto para que o maior número posible de pequenas empresas ourensás adquiran ADN dixital”, engadiu, salientando a importancia da formación como ferramenta “clave” para afrontar os retos que marcan os novos mercados. 

“Trátase de axudar ás pequenas empresas, de entre 10 a 249 traballadores, a formar aos seus directivos e responsables na transformación dixital para que os seus negocios sexan máis competitivos e produtivos neste entorno económico que cambia constantemente a medida que a tecnoloxía evoluciona, para crear unha cultura dixital na empresa que forme parte do ADN dos seus traballadores”, explicou a vicepresidenta primeira da Deputación.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

Publicacións Relacionadas