Home Ourense A Limia A Deputación inviste 48.000 euros na mellora dos firmes nos accesos a...

A Deputación inviste 48.000 euros na mellora dos firmes nos accesos a Barracel e Quilmelas, en Rairiz de Veiga

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe Barracel, acompañado pola alcaldesa deste municipio, Asunción Morgade, para comprobar in situ o avance destas obras que permitirán “mellorar a calidade de vida da súa veciñanza e as condicións medioambientais da contorna”

A Deputación de Ourense vén de investir 48.000 euros na mellora dos firmes nos accesos aos núcleos poboacionais de Barracel e Quilmelas no Concello de Rairiz de Veiga. O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe Barracel, acompañado pola alcaldesa deste municipio, Asunción Morgade, para comprobar in situ o avance destas obras que permitirán “mellorar a calidade de vida da súa veciñanza e as condicións medioambientais da contorna”.
Luis Menor lembrou que estas actuacións “demostran, unha vez máis, que a cooperación cos concellos da provincia é unha das grandes prioridades para este goberno provincial”. Adiantou que esta “liña de traballo de colaboración seguirá a ser a nosa máxima como institución porque a nosa prioridade son os veciños e veciñas da provincia”.
As obras de mellora consisten na limpeza dos bordes laterais e a eliminación de vexetación, a limpeza enérxica do pavimento existente, a reparación total e bacheo en zonas puntuais, a rexeneración do pavimento existente, a sinalización, pintura e balizamento.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

Publicacións Relacionadas