Home Ourense A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con saídas cada media hora os días laborais

- Anuncio -

Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás

O Pavillón dos Remedios contará por primeira vez cunha parada de autobús urbano

O servizo de autobuses urbanos do Concello de Ourense estreará o vindeiro luns, 1 de abril, unha nova liña: a número 6, que cruzará a cidade de Norte a Sur, unindo puntos claves como a estación intermodal, O Couto Norte, zona centro, residencia e Barrocás, e dará servizo, por primeira vez, ao Pavillón dos Remedios, onde haberá unha parada. A liña 6: “Antiga Estación de Autobuses – Residencia- Carlos Velo” fusiona as anteriormente existentes 6A e 6B nunha soa liña, con saídas cada media hora os días laborais desde a estación (a partir das 6.30 h) e desde a rúa Carlos Velo (a partir das 6.45 h), e realizará un total de 21 paradas no treito de ida (estación – residencia) e 17 no de volta.

1) Ida: Antiga Estación de Autobuses – Rúa Carlos Velo

Horarios: Saídas cada media hora desde as 6.30 h os días laborais, cada 45’ desde as 6.45 h os sábados, e cada 45’ desde as 7.30 h os domingos

Paradas: Antiga Estación de Autobuses /Rúa Euloxio Gómez Franqueira (centro cívico) / Rúa Euloxio Gómez Franqueira (estación intermodal), Avenida das Caldas / Rúa Basilio Álvarez (Policía Local) / Rúa Ervedelo / Rúa Xavier Prado Lameiro / Rúa Faustino Santalices / Rúa Pablo Picasso / Rúa Salvador Dalí (2 paradas) / Rúa do Progreso (Pazo de Xustiza) / Rúa Concello / Rúa do Progreso (Galerías Multi Centro) / Rúa do Progreso (Alameda) / Rúa do Progreso (Xardín do Posío) / Rúa da Coruña / Rúa Galicia / Rúa Ramón Puga (Residencia) / Rúa Ramón Puga (segunda parada) / Rúa Carlos Velo (Fin)

2) Volta: Rúa Carlos Velo – Antiga estación de autobuses

Horarios: Saídas cada media hora desde as 6.45 h os días laborais, cada 45’ desde as 6.45 h os sábados e cada 45’ desde as 7.30 h os domingos.

Paradas: Rúa Carlos Velo / Rúa Ramón Puga / Rúa Ramón Puga (Residencia) / Rúa José Cornide / Rúa Nosa Señora da Saínza / Rúa da Coruña / Rúa do Progreso (Xardín do Posío) / Rúa do Progreso (Alameda) / Rúa Xoán XXIII / Parque de San Lázaro / Avenida Pardo de Cela (Pavillón dos Remedios) / Rúa Greco / Rúa Ervedelo / Rúa Xesús Pousa (Policía Local) / Rúa Euloxio Gómez Franqueira (estación intermodal), Rúa Euloxio Gómez Franqueira / Antiga Estación de Autobuses.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas