A Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Ourense no barrio da Ponte (Avenida das Caldas) permanecerá pechada desde o vindeiro luns, 6 de xullo, ata o 31 de agosto. Durante este período estival, as persoas que precisen realizar xestións de rexistro e padrón poderán acudir á oficina central de Rexistro do Concello, na rúa da Barreira, número 2 (xunto á Praza Maior), de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas.

