A rúa dos Fornos estará pechada ao tráfico durante 2 semanas desde hoxe, venres, 25 de abril, pola execución de obras de infraestruturas. Na contorna desta rúa, durante a primeira semana de maio realizaranse traballos na Praza dos Suaves, na zona de adoquín e na beirarrúa, e desde a segunda semana de maio, pecharase o acceso a rúa da Unión desde a Praza dos Suaves, tamén por obras.