A rúa Villamil e Castro, na contorna do campus novo, estará pechada ao tráfico de vehiculos mañá, xoves, día 11 de xullo, pola execución de obras de reparación da calzada. Os traballos estaban previstos inicialmente para hoxe, pero finalmente levaranse a cabo mañá polas condicións climatolóxicas. Durante o día de hoxe, mércores, estará permitido o paso de vehículos por quendas: primeiro pasarán os coches nun sentido e despois no outro.

