Home Valdeorras A Veiga A Xunta colabora co concello da Veiga na recuperación de espazos degradados...

A Xunta colabora co concello da Veiga na recuperación de espazos degradados e na construción dun

- Anuncio -

A XUNTA COLABORA CO CONCELLO DA VEIGA NA RECUPERACIÓN DE ESPAZOS DEGRADADOS E NA CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE RECURSOS NATURAIS

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou hoxe co alcalde o convenio a través do que a Xunta achega 200.000 euros para apoiar este proxecto que contribuirá á recuperación da actividade económica no municipio e á revalorización do rural

― O acordo ten por obxecto a creación dun centro para o desenvolvemento de actividades económicas do sector primario, relacionadas coa explotación e mantemento dos recursos naturais da contorna e coa conservación da biodiversidade na comarca da Veiga

― O centro de utilización de recursos naturais pretende converterse no eixo do desenvolvemento económico da comarca e está concibido como un obradoiro de uso comunitario e unha alternativa de procesado para o aproveitamento dos produtos locais, comercializados baixo marcas de calidade diferenciadas e apostando pola venda directa

― As novas instalacións permitirán ademais recuperar a biodiversidade das especies e evitar a degradación do medio natural

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou hoxe co alcalde de A Veiga, Juan Anta, o convenio de colaboración entre a Xunta e o concello para a recuperación de espazos degradados, xunto coa construción dun centro de utilización de recursos naturais, que contará cunha achega do Goberno galego de 200.000 euros.

O convenio ten por obxecto a creación dun centro de iniciativas municipais para o desenvolvemento de actividades económicas do sector primario, relacionadas coa explotación e o mantemento dos recursos naturais da contorna e coa conservación da biodiversidade na comarca da Veiga.

Natalia Prieto explicou que, a Xunta colabora con este proxecto debido á súa importancia para apoiar a este concello na recuperación da actividade económica, especialmente nunha comarca rural como é a da Veiga, e crear novas posibilidades de desenvolvemento, co fin de levar a cabo unha revalorización do rural e crear novas posibilidades de desenvolvemento e inserción laboral.

O proxecto de construción do centro de utilización de recursos naturais pretende converterse no eixo do desenvolvemento económico da comarca co obxectivo de aumentar a produtividade e a renda económica dos pequenos produtores locais. O novo centro está concibido como un obradoiro de uso comunitario e unha alternativa de procesado para o aproveitamento dos produtos locais, comercializados baixo marcas de calidade diferenciada e apostando pola venda directa. Ao tempo, o aumento de usuarios do centro inducirá o aproveitamento das terras agrarias abandonadas e dos pastos, diminuíndo o risco de incendios e dinamizando a contorna.

As novas instalacións contribuirán ademais á recuperación da biodiversidade das especies, á conservación da diversidade do medio físico, así como a evitar a degradación do medio natural. En definitiva, axudará a impulsar a actividade económica e a mellorar e aproveitar os recursos naturais.

A directora xeral de Administración Local lembrou que esta iniciativa aliñase cos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental e posibilitará actuacións imprescindibles para a promoción da actividade económica e a creación de novas posibilidades de desenvolvemento e inserción laboral no Concello da Veiga.

A Xunta investiu 11 millóns de euros na convocatoria deste ano deste fondo, que se destina a actuacións específicas de protección do ambiente, que teñen por obxecto a conservación da biodiversidade, o coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e máis a recuperación do medio natural degradado ou contaminado, incluídas aquelas que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco.

Este obxectivo ambiental permite a súa aplicación eficaz no apoio de actuacións de creación e/ou mellora de infraestruturas e equipamentos para a prestación de servizos municipais, como é o proxecto promovido polo Concello da Veiga, que reúne ademais un claro obxectivo de protección e conservación ambiental.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

Publicacións Relacionadas