A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 18 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía no salón de plenos do Concello. Entre eles, concedeu 7 licenzas e aprobou o proxecto de execución dunha vivenda unifamiliar.
Licenzas (5)
Aprobar o proxecto de execución dunha vivenda unifamiliar illada, no Camiño do Muiño, Seixalbo
Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de modernización dun ascensor para mellorar a accesibilidade no portal dun edificio na Avenida da Habana
Conceder a licenza para o proxecto técnico de cambio de uso e adaptación dun local a garaxe-aparcamento, na rúa Benito Vicetto
Conceder a licenza para a substitución de dous ascensores nun edificio de vivendas na rúa do Progreso
Conceder a licenza para o proxecto básico e de execución de cambio de uso dun local a vivenda, na rúa Salvador Dalí
Aperturas (1)
Conceder a licenza de obra para a actividade turística na modalidade de apartamentos turísticos nun inmoble na rúa Remedios
Disciplina (1)
Desestimar o recurso de reposición interposto por unha particular á que se lle impuxo unha multa coercitiva por non dar cumprimento a un acordo da Xunta de Goberno Local nun expediente de disciplina urbanística
Xestión urbanística (1)
Recoñecer unha obriga a favor do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en concepto de custas procesais
Patrimonio (6)
Recoñecer unha obriga en favor dunha particular
Requirirlle a unha compañía de seguros que lle pague ao Concello 2.547,48 € en concepto de indemnización polos danos causados por un vehículo no valado de protección da Ponte do Milenio
Desestimar 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización
Desestimar o recurso dunha particular contra un acordo de xunta de goberno nun expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial
Avogacía Consistorial (3)
A Xunta de Goberno deu conta dun auto e unha sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense e dun emprazamento para comparecer diante do mesmo xulgado nun procedemento ordinario.

