Aproba o expediente para contratar o servizo de atención dos espazos termais da marxe dereita do río Miño
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 25 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, celebrada esta mediodía no salón de plenos do Concello. Entre eles, concedeu 5 licenzas urbanísticas, aprobou un proxecto para a construción dun edificio de vivendas e o expediente para contratar o servizo de atención dos espazos termais da marxe dereita do río Miño.
Licenzas (8)
Conceder a licenza para o proxecto de cambio de uso dun local a garaxe na rúa Vázquez Mella
Aprobar o proxecto de execución relativo ao proxecto básico de cambio de uso de comercial a vivenda, na rúa Velázquez
Conceder a licenza para o proxecto de reforma interior dunha vivenda na Avenida de Portugal
Conceder a licenza de obra para o proxecto de legalización e finalización de reforma dunha vivenda na Avenida de Zamora
Conceder unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras de demolición dunha vivenda unifamiliar na rúa Pena do Vao
Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dunha vivenda unifamiliar na rúa do Cruceiro, no Cumial
Darse por enterada do troco do titular da licenza urbanística de obra para o proxecto básico de construción dun edificio de vivendas na Avenida de Basilio Álvarez, e aprobar o proxecto de execución de construción do dito edificio
Conceder a licenza urbanística de obra para a instalación fotovoltaica con conexión a rede nun colexio da cidade
Patrimonio (4)
Estimar 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares, e estimar parcialmente outra.
Contratación (1)
Aprobar o expediente para contratar o servizo de atención, control e prestación de primeiros auxilios nos espazos termais de uso lúdico da Chavasqueira (manancial Caldas do Bispo nº 70), Outariz (manancial Outariz nº 83), Burga de Canedo (manancial Outariz nº 77) e no espazo de baño do Muíño da Veiga, do Concello de Ourense, e dispoñer a apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto
Rehabilitación (2)
Outorgar definitivamente 2 subvencións solicitadas por particulares para obras de reforma de vivendas no Centro Histórico, no marco da Área de Rehabilitación Urbana. Darán apoio a proxectos de illamento en cámara de baños e cociña e substitución de carpinterías exteriores nun inmoble na rúa de Rafael Dieste, por importe de 3.386,00 €, e a rehabilitación integral dunha vivenda na rúa do Doutor Marañón, por un importe de 10.785,34 €.
Participación Cidadá (1)
Resolución do contrato de arrendamento dun local na praza Daniel González
Avogacía Consistorial (9)
A Xunta Local deu conta de 6 sentenzas e 1 auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, 1 sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense, e tomou coñecemento de que o Concello comparecerá, nunhas dilixencias previas diante do Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense

