A Xunta de Goberno Local aprobou 28 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse esta mañá, xoves, 14 de maio, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 28 asuntos na súa orde do día.  

Licenzas (6). Deu conta de 6 expedientes do servizo de Licencias

Aperturas (1). Deu conta da caducidade de Licencia de apertura.

Patrimonio (2). Dar conta da inadmisión de unha reclamación de responsabilidade patrimonial por caída e aprobouse a cesión de terreo campo de fútbol de Seixalbo.

Disciplina(1). Deu conta dun expediente de disciplina urbanística por mal estado dun edificio na Rúa Hernán Cortés.

Administración Xeral (2).  Rectificou o acordo da xunta de goberno local de 30 de abril de 2026 en relación ao expediente relativo a o Servizo de Limpeza dos Edificios Municipais. Información do alcalde e Concelleiros.

Policía Local (1). Aprobou o levantamento de reparo respecto a facturas do servizo público de Regulación de Aparcamento.

Avogacía Consistorial (15).  Deu conta dunha sentenza e un auto ditados polo Tribunal de Instancia sección do Contencioso Administrtativo e informou de que o Concello deberá comparecer en 12 procedementos diante dos tribunais de instancia de Ourense.

Comparte este artigo