A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 31 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (6). Concedeu as licenzas para a construción de vivendas unifamiliares na rúa Cesáreo González e Rairo, para a rehabilitación dunha vivenda na rúa de San Mauro; para adaptar un baixo como vivenda na rúa Rodríguez de la Passera, e para a construción dun garaxe e a legalización dunha construción auxiliar na estrada de Ponferrada. Tamén rectificouá un acordo dunha sesión anterior.
Aperturas (2). Concedeu a licenza para unha infraestrutura eléctrica no Piñeiral (Finca Sevilla), e denegou a autorización para a implantación dunha infraestrutura de telecomunicacións na rúa Castro de Beiro.
Disciplina (1). Acordou tramitar pola vía de emerxencia e encargar a execución das obras necesarias para garantir a seguridade como consecuencia da situación de ruína inminente declarada no inmoble da rúa Vicente Risco nº 1.
Servizo de Contratación (3). Aprobou o expediente para contratar o servizo de redacción do Plan especial de protección do sitio histórico das Fontes Termais das Burgas e do conxunto histórico da cidade de Ourense (PEP-OU), por procedemento aberto, cun orzamento de licitación de 677.600 euros, IVE incluído. Tamén deu o visto e prace aos pregos para licitar o outorgamento da concesión demanial para a explotación da cafetería de titularidade municipal do Xardín do Posío, por procedemento aberto, para un período de 13 anos cun canon anual de 20.764,18 euros, IVE incluído. Ademais, adxudicou a Sociedad Ibérica de Construcciones Eléctricas, SA o contrato do servizo de xestión integral do sistema centralizado de control de tráfico, por un importe anual de 622.372,71 euros, e autorizou un reaxuste das anualidades do contrato, que se prolongará desde o 1 de xullo de 2026 ata o 30 de xuño de 2030.
Xestión urbanística (2). Aprobou definitivamente o proxecto de delimitación do polígono de execución UR 1b da zona 2 do SU-32, así como os estatutos e as bases de actuación para a xestión urbanística do dito polígono.
Xestión económica (1). Aprobou unha relación de facturas, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio.
Avogacía consistorial (16). Deu conta de dúas sentenzas ditadas polos xulgados do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense e de Vigo. Así mesmo, o Concello comparecerá ante diferentes tribunais en 14 procedementos xudiciais.

