A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense desenvolverá mañá, xoves, 11 de xuño, ás 13.30 horas a súa sesión ordinaria desta semana, con 31 asuntos na súa orde do día.
Licenzas (6). Resolverá as solicitudes de licenzas para a construción de vivendas unifamiliares na rúa Cesáreo González e Rairo, e para a rehabilitación dunha vivenda na rúa de San Mauro; para adaptar un baixo como vivenda na rúa Rodríguez de la Passera, e para construír un garaxe na estrada de Ponferrada. Tamén rectificará un acordo dunha sesión anterior.
Aperturas (2). Analizará a solicitude de licenza para unha infraestrutura eléctrica no Piñeiral (Finca Sevilla), e resolverá sobre unha solicitude para a instalación dunha infraestrutura de telecomunicacións na rúa Castro de Beiro.
Disciplina (1). Declaración de tramitación pola vía de emerxencia das obras necesarias para garantir a seguridade no inmoble da rúa Vicente Risco nº 1.
Servizo de Contratación (3). Aprobará, se procede, os expedientes para contratar o servizo de redacción do Plan especial de protección do sitio histórico das Fontes Termais das Burgas e do conxunto histórico da cidade de Ourense (PEP-OU), e para licitar o outorgamento da concesión demanial para a explotación da cafetería sita no Xardín do Posío. Tamén abordará un reaxuste das anualidades inicialmente previstas no contrato do servizo de xestión integral do sistema centralizado de control de tráfico.
Xestión urbanística (2). Proporá a aprobación definitiva da delimitación do polígono de execución UR 1b da zona 2 do SU-32 , e dos estatutos e as bases de actuación para a xestión urbanística do dito polígono.
Xestión económica (1). Aprobará unha relación de facturas, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio
Avogacía consistorial (16). Dará conta de dúas sentenzas ditadas polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo das prazas número 2 de Ourense e Vigo. Así mesmo, o Concello acordará a súa comparecencia ante diferentes tribunais en 14 procedementos xudiciais.
—

