A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ao mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas e aperturas (6). Concedeu as licenzas para rehabilitar e ampliar un edificio na rúa da Concordia, para reformar unha vivenda na Avenida da Habana, para executar un muro na rúa Cantareliña, para instalar ascensores en edificios de vivendas nas rúas Martínez Sueiro e Alejandro Pedrosa, e para demoler un edificio na rúa San Francisco.

Xestión urbanística (1). Deu a aprobación inicial ao Proxecto de equidistribución para a reparcelación da Unidade de Área de Execución UE-15 A Trindade.

Patrimonio (3). Resolveu tres reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Servizo de Rehabilitación (1). Aprobou o Plan de Dinamización da Área de Rexeneración Urbana de Interese autonómico de Ourense.

Xestión económica (2). Deu o visto e prace ás liquidacións dos meses de novembro e decembro de 2025 do servizo de saneamento, verteduras e lixos do Concello de Ourense, pola parte a compensar co importe correspondente ao prezo público.

Artes e festexos (1). Aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do procedemento para outorgar a autorización para instalar e explotar unha barra de bar durante a celebración das Festas da Ponte 2026.

Fóra da orde do día (1). Acordou exercer o dereito de rectificación en relación cunha noticia publicada na prensa local.

Comparte este artigo