A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 4 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 4 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía no salón de plenos do Concello.

Aperturas (1). Concederlle á Fundación Amigos de la Barrera a licenza de obra para o proxecto básico e de execución de intervención de accesibilidade e acondicionamento da planta segunda en establecemento de negocio para uso administrativo no edificio emprazado  na rúa da Barrera número 4

Licenzas (1). Denegar a solicitude de licenza de proxecto básico de rehabilitación de edificación para apartamentos tutelados na rúa Alejandro Outeiriño

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos XGL 07/2024, correspondente á taxa xeral de operadores prevista na Lei Xeral de Telecomunicacións, por  importe de 9,97 €

Asuntos sociais (1) Recoñecer a obriga a favor dunha empresa polo alugueiro dun local da área social do Concello durante os meses de abril, maio, xuño e xullo de 2024

Comparte este artigo