A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará mañá 19 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 15 de outubro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 19 propostas de acordo presentadas polos servizos municipais de Licenzas e Avogacía Consistorial.

Licenzas (5). Resolverá as solicitudes de licenzas de obras para 3 proxectos de cambio de uso de locais para vivendas. Concretamente, dun local para 2 vivendas nun edificio da avenida de Bos Aires, de 2 locais para 3 vivendas na rúa Ramón Puga e dun local para vivenda nun baixo da rúa San Paio. Tamén analizará unha autorización para a reorganización de parcelas no lugar de Barrio e un recurso de reposición relativo á caducidade dunha licenza de obra na rúa Lepanto.

Avogacía consistorial (14). Dará conta de 12 sentenzas ditadas polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo de Ourense (7 da praza número 1 e 5 da número 2), e dunha providencia do Tribunal Supremo. Ademais, tomará coñecemento de que o Concello deberá comparecer diante do tribunal de instancia da praza número 2 de Ourense nun procedemento ordinario.

Comparte este artigo