Destacan as solicitudes de licenza para o edificio da Escola de Enxeñaría Aeronaútica e do Espazo no campus de Ourense, cun orzamento de 6,7 millóns de euros, e para a reforma do Colexio Maristas, por 2,8 millóns
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 19 de xuño, na súa sesión ordinaria desta semana, con 30 asuntos na orde do día. Entre eles, destacan dúas solicitudes de licenzas de obra: para a construción dun edificio para a Escola de Enxeñaría Aeronaútica e do Espazo no campus de Ourense, cun orzamento de 6,7 millóns de euros, e para a reforma do Colexio Maristas, cun orzamento de 2,8 millóns de euros.
ASUNTOS INCLUÍDOS NA ORDE DO DÍA
Licenzas (10)
· Declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación de parcela sita na rúa San Mamede
· Prórroga por seis meses para o inicio das obras de troco de uso de local a vivenda na rúa Salvador Dalí
· Primeira ocupación por legalización de usos de vivenda na planta baixo cuberta dun edificio na Avenida de Bos Aires.
· Licenza urbanística de segregación de parcela en Santa Cruz de Arrabaldo.
· Licenza de obra para proxecto básico de cambio de uso de local a vivenda dun inmoble na Rúa Liberdade
· Proxecto básico de remodelación do colexio Maristas Santa María de Ourense na rúa Bedoya, cun orzamento de execución material de 2.800.000 euros
· Licenza para o proxecto básico para cambio de uso de local a vivenda dun inmoble na rúa Ponte Codesal
· Licenza urbanística de obras en vía de legalización e para proxecto básico e de execución de ampliación de vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás
· Proxecto básico e de execución para instalación de ascensor en local comercial na Avenida da Habana
· Proxecto básico e de execución de adaptación de planta baixa a uso administrativo de oficina nun edificio na rúa Marcelo Macías.
Aperturas (2)
· Licenza de obra e de actividade para proxecto de obras de adaptación de local para centro deportivo de adestramento persoal, ximnasio, na rúa da Coruña
· Licenza urbanística para proxecto básico e de execución de edificio para “Escola de Enxeñaría Aeronaútica e do Espazo” sito no Campus Universitario de Ourense , cun orzamento de licitación material de 6.7222.689,08 euros
Contratación (4)
· Informe – proposta de declaración de urxencia na tramitación do expediente para a contratación, mediante procedemento aberto e pluralidade de criterios de adxudicación, do contrato mixto de subministracións e servizos integrantes das actuacións necesarias para a implantación da Zona de Baixas Emisións Ourense Centro, financiado parcialmente con fondos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
· Aprobar, se procede, o expediente para contratar a subministración de prendas de uniformidade e complementos da Policía Local do Concello.
Rectificación de erros na autorización de gasto do expediente de prórroga do contrato do servizo de mantemento da aplicación informática Séneca.
Aprobación, se procede, do expediente para contratar a subministración da renovación e mantemento da aplicación XIESS, empregada polos servizos sociais do Concello.
Patrimonio (4) Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial
Alcaldía (1) Apoderamento en favor dunha procuradora para actuar como procuradora nos procedementos xudiciais do Concello
Asuntos sociais (1) Informe para a reposición de crédito sobrante de fase de gasto A do contrato de Servizo de Axuda no Fogar do Concello
Avogacía Consistorial (8) A Xunta de Goberno dará conta de 3 sentenzas: 2 ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 e 1 polo número 1O. Tamén será informada de que o Concello comparecerá en 5 procedementos diante dos xulgados do contencioso número 1 e 2 e diante do Xulgado do Social, 3.