Home Ourense Baixa Limia A Xunta incrementará a plantilla dos subGES de Muiños e Lobios para...

A Xunta incrementará a plantilla dos subGES de Muiños e Lobios para equiparalos aos 12 efectivos dos GES

- Anuncio -

― Na provincia ourensá tamén verán incrementados o número de efectivos os grupos de Laza, Ribadavia e Avión


― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos efectivos dos dous subGES, aos que o Goberno galego apoiou nos últimos anos con máis de 616.700 euros para reforzar o seu equipamento


― A Xunta financia máis da metade do custo dos GES e leva destinados máis 7M€ a reforzar o seu material

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos dos subGES de Muíños e Lobios, que xunto cos de Laza, Ribadavia e Avión, verán incrementadas as súas plantillas o próximo ano ata os 12 efectivos. Trátase dunha das medidas incluídas na proposta da Xunta para mellorar o funcionamento destes grupos na comunidade galega que aceptaron a Deputación de Ourense e a FEGAMP para aplicar na provincia de Ourense.

Ao abeiro desta proposta, tamén se incrementará o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova, actualizarase a financiación destinada aos custos salariais dos GES da provincia para adaptalos ao seu custo real na actualidade respecto ao primeiro convenio asinado en 2013 cun incremento de 40.000 euros por GES, un 16% máis nos gastos de persoal ata acadar, en global, os 320.000 euros anuais por grupo.

Na provincia ourensá a medida aplicarase nos grupos que no seu momento foron concibidos como SubGES con 6, 9 ou 10 membros, isto é, o de Lobios, que conta con 10 integrantes; Muíños con 9; Laza con 6; Ribadavia con 10 e Avión con 9. En total, 16 novos efectivos, entre eles 2 máis en Lobios e outros 3 en Muíños.

Muíños e Lobios son subsedes do GES de A Baixa Limia que, na actualidade, atende a estes concellos xunto cos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira e Porqueira. A Xunta leva investidos neste grupo nos últimos anos máis de 616.700 euros para reforzar o seu equipamento. A esta contía súmanse outros 37.500 euros nas Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) destes concellos, 17.115 euros no caso da de Muíños e os 20.327 restantes na de Lobios.

A Xunta mantén a man tendida para aplicar tamén nas outras tres provincias as medidas destinadas a reforzar as plantillas e aumentar a financiación para cubrir os custos salariais dos grupos, xa que as melloras só se poderán aplicar, polo de agora, nos 12 GES da provincia de Ourense, que contarán con 16 novos efectivos, ao mesmo tempo que se mellora o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova e as condicións salarias dos grupos

A Administración autonómica mantén a súa implicación na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias das entidades locais aos que destinou case 20 millóns de euros, máis de 11 millóns no caso das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e 7 millóns para os GES.

Tamén colabora no seu funcionamento asumindo máis de 40 millóns do custo dos GES co obxectivo de mellorar a cobertura e os tempos de resposta ante emerxencias en toda a comunidade e 4 millóns nas distintas ordes de axudas para sufragar os gastos de funcionamento das AVPC. En total, máis de 60 millóns de euros investidos polo Goberno galego nos últimos 12 anos para colaborar no funcionamento, equipamento e formación dos servizos de emerxencias da comunidade.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

Publicacións Relacionadas