Home Ourense Acordos da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense do 2...

Acordos da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense do 2 de febreiro de 2023

- Anuncio -

Reunido esta mañá no Salón de Plenos, o grupo de goberno deu conta de 18 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense celebrou esta mañá, no Salón de Plenos, unha sesión ordinaria na que o grupo de goberno deu conta de 18 asuntos na orde do día achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

Licenzas (2). Concedeuse unha licenza de segregación para un local na rúa Río Mao e a posterior agrupación das fincas resultantes. Ademais, concedéuselle licenza á comunidade de propietarios dun edificio na mesma rúa para o proxecto básico e de execución dun ascensor.

Patrimonio (5). Por un lado, corrixiuse un erro de redacción nun acordo da Xunta de Goberno de xaneiro de 2021. Por outro, ordenouse o pagamento de diferentes cantidades en cumprimento de sentenzas: 12.685,90 euros por unha caída no parque de Penarredonda; 848,31 euros derivados do atraso na entrega dun local na planta baixa da rúa Cervantes, e outros 185 euros en concepto de indemnización por humidades nese mesmo edificio; así mesmo, libéranse 317,01 euros en concepto de custas procesuais.

Contratación (1). Aprobouse o expediente para contratar o seguro de responsabilidade civil e patrimonial do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes, para o que se destinarán 210.000 euros.

Persoal e Recursos Humanos (1). Aprobouse aboar 302,50 euros en concepto de custas xudiciais.

Xestión Tributaria (1). Aprobar, dispor e recoñecer a favor do Xulgado do Contencioso Administrativo núm. 1 de Ourense a cantidade de 302,50 euros en relación ao punto anterior.

Avogacía consistorial (8). Coñecéronse seis sentenzas: unha que desestima a petición de responsabilidade patrimonial dunha particular por lesións sufridas no Parque de San Lázaro -solicitaba máis de 35.000 euros de indemnización-. Tamén se desestimaron senllas solicitudes de dous policías locais que reclamaban diferencias económicas relativas ao seu período de prácticas (complemento específico, de destino, diferencia da paga extraordinaria e horas de noites e festivos). Por outra banda, coñecéronse dúas sentenzas que estiman outras tantas solicitudes de devolución do imposto do Plusvalía por parte do Tribunal Económico – Administrativo municipal. Pola contra, a última das sentenzas desestima o recurso contencioso administrativo interposto por unha sociedade mercantil contra a devolución deste imposto, xa que entende o Xulgado que neste caso non é de aplicación a sentenza do Constitucional do 26/10/2021.

Por outra banda, o Concello deberá presentarse en dous procedementos, en calidade de demandado, derivados dunha caída en vía pública e da concesión dunha licenza.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas