Home Terra de Celanova Celanova As Xornadas de Folclore chegaron este mércores a Celanova e O Carballiño

As Xornadas de Folclore chegaron este mércores a Celanova e O Carballiño

- Anuncio -

Celanova e O Carballiño foron escenario esta tarde-noite ante centenares de asistentes do segundo día das Xornadas de Folclore -despois de estar este martes en Bande e A Rúa-, un evento organizado pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Xunta de Galicia.

Nesta XXXVII edición, que conta con 200 participantes sumando artistas e o equipo técnico, os asistentes aos concertos que se sucederán polas vilas ourensás poderán gozar con seis estilos folclóricos diferentes entre si, grazas a procedencia global dos grupos participantes.

Hoxe en Celanova, o pavillón das Triguerizas, que reemplazou como sede das Xornadas de Folclore nesta vila ao claustro barroco do mosteiro ante as previsións meteorolóxicas da tarde, acolleu dende as 20,30 horas aos artistas das formacións da compañía internacional de danza Paipa, de Colombia; o grupo de Ballet Folklórico do Instituto Tecnológico de Celaya, de México; e unha compañía de Timor Oriental, integrada por estudantes da Universidade de Coimbra que substitúen no programa ao Ballet Himalaya, de Angola, con problemas burocráticos.

A formación de Timor Oriental realizou un pase de quince minutos, divididos en dous bailes: unha danza tradicional chamada babaok, a ritmo de tambor cónico, e un lafalik. Despois, a formación mexicana realizou dous pases: no primeiro, un baile tradicional que combina fandango, guateque e tarima, e despois, unha danza representativa de Jalisco. Os colombianos da compañía Paipa tamén realizaron dous pases, facendo unha combinación dos bailes das distintas zonas do país como o bambuco, o rodova -típico da zona de Antioquía-, o nariño -unha danza tradicional campesiña habitual nos carnavais-, unha cumbia e remataron bailando un mapale, con orixe afrocolombiano e orixinario das poboación escravas na época colonial.

Unha vez finalizadas as actuacións en Celanova, o epicentro das Xornada de Folclore pasou ao Carballiño, onde os grupos procedentes de Costa de Marfil, Indonesia e Chile realizaron dende as 22,30 horas dúas mostras dos seus respectivos bailes tradicionais.

A xornada de mañá, xoves 11 de agosto, comezará coa recepción na Deputación, prevista para as 12,00 horas e a tradicional fotografía cunha delegación dos grupos participantes. Xa pola tarde, entre a Praza das Toldas de Maceda (22,30 horas) e o Campo da Barreira de Allariz (23,00 horas) acollerán as seis agrupacións culturais participantes nestas Xornadas de Folclore.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas