Cambio de horario na xincana de inchables acuáticos das festas

Redacción

​Polo incremento das temperaturas, a xincana de xogos acuáticos das Festaa, no parque da Ribeira de Canedo, cambia o seu horario para mañá domingo pola tarde.

​A actividade estará aberta nestas quendas:

  • Mañá: de 11.30 a 13.00 horas.
  • Tarde: de 18.00 a 21.00 horas.

​Previsións informativas Concello de Ourense – Domingo, 21 de xuño

​FESTAS DE OURENSE 2026

PROGRAMACIÓN DIARIA

  • Desde as 11.00 h. Contorna da Ponte Romana Mercado Medieval. Con 90 postos de gastronomía, artesanía, produtos de alimentación e unha zona infantil con xogos tradicionais. Ata as 22.00 h.
  • Desde as 11.30 h. Parque da Ribeira de Canedo Xincana de inchables acuáticos (de 11.30 a 13.00 h e de 18.00 a 21.00 h). (Actualizado por temperaturas)
  • Desde as 17.00 h. Parque Barbaña Atraccións (de 17.00 a 23.00 h).
  • 21.00 h. Ponte Romana Orquestra Função Públika (ata as 23.50 h).
  • 00.00 h. Ponte Romana Fogos Artificiais.

​ 

TRÁFICO

  • Polas atraccións festivas: Pecharanse ao tráfico polas tardes o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Portocarreiro (desde a Travesía Portocarreiro B ata a rotonda da rúa Fonte do Bispo) ás 17.00 h.
  • Corte por escenarios: Ademais, a rúa Pardo de Cela, no tramo comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo, permanecerá pechada ata o luns 22, cando rematen os traballos de desmontaxe dos escenarios instalados xunto ao Pavillón.
Comparte este artigo