As liñas número 4, 5, 6 e 15 do servizo de autobuses urbanos modificarán as súas rutas desde o domingo 14 de xuño ás 08.00 h ata o luns 22 de xuño, como consecuencia do corte de tráfico que se levará a cabo na rúa de Pardo de Cela, desde a praza de Concepción Arenal ata a glorieta do Mundo, pola instalación dos escenarios das Festas de Ourense 2026. Estes serán os percorridos alternativos:
- Liñas 5 (Reza – Ceboliño) e 6 (Antiga estación de autobuses – As Curuxeiras): En dirección a Ceboliño e As Curuxeiras, o itinerario discorrerá pola rúa Salvador Dalí, Nacional 120, avenida da Ribeira Sacra, Díaz de la Banda, Fernández García, Curros Enríquez e o Parque de San Lázaro. No sentido contrario, non se modificará o percorrido.
- Liña 4 (Eirasvedras – Seixalbo):
- En dirección a Seixalbo: O percorrido será pola rúa Francisco Lloréns Díaz, rúa Salvador Dalí, Nacional 120, avenida da Ribeira Sacra, Díaz de la Banda, Fernández García, Curros Enríquez, Xoán XXIII e rúa do Progreso.
- En dirección a Eirasvedras: O traxecto realizarase polo Parque de San Lázaro, Curros Enríquez, Vicente Risco, Francisca Herrera, Basilio Álvarez, Xesús Pousa e a Estación Intermodal.
- Liña 15 (Praza Maior – O Tinteiro – Praza Maior): Os días 14, 20 e 21 de xuño, o percorrido alternativo será: Praza Maior, Parque de San Lázaro, Curros Enríquez, Vicente Risco, Francisca Herrera, avenida de Santiago, José Antonio Moretón, Ribeiriño, A Chavasqueira, O Tinteiro, A Chavasqueira, Ribeiriño, avenida das Caldas, Vicente Risco, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Praza Maior.

