Colectivo do Flow

Redacción

O próximo venres 20 de Novembro, contarase coa actuacion do Colectivo do Flow, unha compañía de teatro de improvisación con sede en Santiago de Compostela.

Será na Sala Manuel María | Barbadás, ás 20:30h.

Formado por 7 actores e actrices galegos, os seus espectáculos mesturan improvisación teatral, humor, música, canto e baile sen un guión previo, construíndo as historias en directo a partir das suxestións do público.
Xogos, pouco filtro e moito flow.

Un elenco do máis entregado e xoguetón chega para improvisar sen moito freo: entre retos absurdos, cancións adicadas, historias de detectives e portais no espazo-tempo.

Cada función é distinta, pero sempre son irreverentes, imprevisibles e moi moi divertidas.
Día: Venres 20 de Novembro
Hora: Ás 20:30h.
Lugar: Sala Manuel María | Barbadás.
Evento: Narración / Teatro / Música.

Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 16 de Novembro.

Espectáculo recomendado a partir dos 14 anos en adiante.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Comparte este artigo